O Partido Popular fai súas as reivindicacións da asociación de veciños "O Chedeiro"

Pontevedra
15 de setembro 2014

Este luns, o presidente do Partido Popular de Pontevedra, Jacobo Moreira, e os membros do Comité Executivo, María José Rodríguez e Jose Luis Martín achegáronse ata Cerponzóns para reunirse coa asociación de veciños "O Chedeiro"

Jacobo Moreira y María José Rodríguez
Jacobo Moreira y María José Rodríguez / Mónica Patxot

Este luns, o presidente do Partido Popular de Pontevedra, Jacobo Moreira, e os membros do Comité Executivo, María José Rodríguez e Jose Luis Martín achegáronse ata Cerponzóns para reunirse coa Asociación de veciños "O Chedeiro".

No encontro, Moreira puido coñecer de primeira man as reivindicacións destes vecinos, fundamentalmente, servizos básicos como a rede de sumidoiros e o abastecemento de auga.

Ademáis moitos dos accesos necesitan anchearse e asfaltarse para poder así facilitar a entrada nas casas e hai falta de limpeza. "Hai lugares onde a maleza crece tanto que incluso tapa as luminarias e case chega a cruzar os camiños dunha beira á outra", sinalou Liliana Casás, presidenta da Asociación "Os Chedeiros".

O Partido Popular iniciou así a rolda de encontros anunciada o pasado Comité Executivo, e asume o compromiso de ter en conta todas estas reclamacións dos veciños de Cerponzóns para o programa de goberno 2015 - 2019.