O Pavillón da Raña retomará a actividade deportiva nunha semana

Marín
11 de xaneiro 2018

Estas obras, que entran agora na recta final, contemplan unha mellora substancial desta instalación deportiva tratando de mellorala e ampliala para tratar de sacarlle un maior rendemento

Obras no Pavillón da Raña
Obras no Pavillón da Raña / Concello de Marín

A concellería de Deportes do Concello de Marín espera que dentro dunha semana se poda ir retomando de novo a actividade deportiva no Pavillón da Raña despois deste "impase necesario e obrigado polas obras".

A empresa  Ediserpo avanza na reforma do pavillón. A obra foi adxudicada por algo menos de douscentos mil euros.

Estas obras, que entran agora na recta final, contemplan unha mellora substancial desta instalación deportiva tratando de mellorala e ampliala para tratar de sacarlle un maior rendemento.

O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, supervisou a recolocación de adestramentos e partidos os distintos clubs que aquí teñen a súa sede.