O Pazo dos Mariño de Lobeira, do século XVIII e en ruínas, á venda por 1,5 millóns

Pontevedra
08 de xuño 2024

O Pazo dos Mariño de Lobeira foi construído en 1771 sobre unha edificación anterior que databa do século XVI . Ten a fachada á rúa César Boente e forma o arco de entrada á praza de Mugartegui. Tamén sae á venda un terreo duns 120 metros cadrado que está totalmente cheo de maleza

Pazo dos Mariño de Lobeira na rúa César Boente
Pazo dos Mariño de Lobeira na rúa César Boente / Mónica Patxot

O Pazo dos Mariño de Lobeira, construído en 1771 sobre unha edificación anterior que databa do século XVI e actualmente en ruínas, saíu á venda por 1,45 millóns de euros.

A construción tena á venda a inmobiliaria Engel & Völkers e ofértase en portais como Idealista, no que xa se advirte que "está en estado ruinoso, polo que é necesaria a súa completa rehabilitación".

De feito, en decembro de 2015, a Comisión Territorial de Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia acordou autorizar a súa declaración de ruína, condicionada á presentación dun proxecto de demolición e consolidación das estruturas e dun proxecto de reedificación.

En xaneiro de 2016, servizos técnicos do Concello de Pontevedra certificaron que parte da estrutura de madeira colapsou, arrastrando parte da cuberta ao interior da edificación e que outra parte dá estrutura ofrecía perigo de colapso. E obrigouse a apuntalar e baleirar.

Este emblemático edificio está situado na rúa César Boente e conta cun arco que dá á Praza da Pedreira. O Plan Especial de Protección e Reforma Interior e Conservación Artística (PEPRICA) outórgalle un nivel de protección estrutural.

Ademais do Pazo, sae á venda un terreo duns 120 metros cadrados. Ese terreo está totalmente cheo de maleza, segundo pódese comprobar nas fotografías que acompañan ao anuncio de venda. 

O edificio mantén a fachada exterior, pero leva moito tempo abandonado e xa hai 13 anos, en 2011, sufriu desprendementos no interior e o servizo de Disciplina Urbanística ordenou o desmonte parcial da cuberta e o seu valado. Desde entón, a deterioración seguiu avanzando. 

O escritor, investigador e divulgador da historia local pontevedresa José Benito García Iglesias abordou a historia deste Pazo neste texto publicado por PontevedraViva en 2017.