O persoal de Urxencias de Montecelo protestará pola sobrecarga deste servizo

Pontevedra
22 de xaneiro 2020

Coincide esta medida coa orde da xerencia da área sanitaria de reabrir as 16 camas da unidade de Medicina Interna do Hospital Provincial que permanecían pechadas desde verán. Este mesmo martes xa houbo 23 ingresos só por gripe que, coa chegada do frío, atópase agora en fase de epidemia

Hospital Montecelo
Hospital Montecelo / Cristina Saiz

O vindeiro venres, día 24 de xaneiro, ás 11 da mañá, o persoal de Urxencias do Hospital Montecelo concentraranse na porta principal para protestar pola situación de sobrecarga que atravesa este servizo.

Os sindicatos Prosagap, CIG, Comisións de Base e Traballadores da Sanidade Pública convocaron este martes unha asemblea na que adoptou esta decisión de iniciar mobilizacións.

Coincide esta medida coa orde da xerencia da área sanitaria de reabrir as 16 camas da unidade de Medicina Interna do Hospital Provincial que permanecían pechadas desde verán.

Este mesmo martes xa houbo 23 ingresos só por gripe que, coa chegada do frío, atópase agora en fase de epidemia.

Os pacientes que acoden a Urxencias de Montecelo quéixanse dun servizo saturado e con longas esperas para ser atendidos.