O persoal sanitario intentará "implicar al usuario" ante a manifestación do 14 de febreiro

Pontevedra
30 de xaneiro 2014

A Xunta de Persoal do CHOP seguirá convocando concentracións os martes e xoves ata a manifestación. Tras ese día aseguran que intensificarán as medidas de protesta contra a reordenación sanitaria e o desmantelamento da sanidade pública

Por segunda vez esta semana a Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) protagonizou unha concentración ante os centros hospitalarios e de saúde da cidade para protestar, entre otroas cousas, pola reodenación sanitaria e o desmantelamento da sanidade pública.

De cara á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para o próximo 14 de febreiro, o persoal sanitario intentará "implicar al usuario", segundo declarou Carmen Revenga.

A presidenta da Xunta de Persoal considera necesaria a participación cidadá "porque no sólo es una lucha nuestra, es de todos para mantener la sanidad pública al 100%".

Por ese motivo repartiranse pasquíns nas consultas e pola rúa de cara á protesta do día 14, unha data que pode marcar o inicio dunha batería de novas medidas de presión, tal e como sinalou Revenga.