É unha cita consolidada xa no calendario, e é que na súa oitava edición volveu ser un éxito de participación.
Ao redor de medio milleiro de persoas adquiriron un ticket para gozar da Festa do Petote no pavillón de Carballedo.
O Cocido de Entroido serviuse, como é tradicional, co bolo de millo e volveu levantar entusiasmo entre os asistentes en toda unha homenaxe á cociña tradicional galega.
A Festa do Petote completouse ademais con diversas actividades para todas as idades, desde inchables para os máis pequenos, pasando por postos de venda de produtos galegos, un espazo de comida vegana e vegetariana a cargo de A Tenda da Gata ou un showcooking.
Todo iso coa animación musical do grupo Foula e de Charanga Charandonga.