O Plan Concellos destina 250.000 euros a Campo Lameiro

Umia
07 de novembro 2020

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar este venres novos recursos por un importe total de 1.225.347 euros, ao abeiro do Plan Concellos, entre eles o de Campo Lameiro

Xunta de Goberno da Deputación
Xunta de Goberno da Deputación /

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar este venres novos recursos por un importe total de 1.225.347 euros, ao abeiro do Plan Concellos, entre eles o de Campo Lameiro.

En concreto, a Deputación aproba para Campo Lameiro dúas achegadas valoradas en preto de 250.000 euros. 

Trátase de 154.767 euros para a adecuación da rede de saneamento en Rozas, Carballeira, Castriño e Liñares.

Outros 91.359 para actuacións de mellora do firme nos camiños Laxe, A Facha, Rans, Lombo, Fondo, e Quinteiro 1 e 2.