A Deputación de Pontevedra vai exportar novamente o seu modelo de xestión de residuos do Plan Revitaliza a Madrid, Cáceres e Pamplona no vindeiro mes.
A xefa da sección provincial de residuos María Martínez Abraldes participará en charlas organizadas polo Concello de Madrid, a asociación ‘Economías BioRegionales’ xunto á Deputación extremeña, e a Mancomunidade pamplonesa.
María Matínez falará do traballo que se fai na provincia de Pontevedra en compostaxe descentralizada (comunitaria e individual), da importancia do persoal técnico (os mestres compostadores) e da iniciativa para poñer en marcha plantas de agrocompostaxe, que agora ten en marcha a institución provincial.
A experiencia da provincia de Pontevedra, considerada "un caso de éxito", será exemplo para despois adaptar iniciativas nos territorios.
Na súa exposición, Abraldes explicará que o Plan Revitaliza da Deputación implica a 48 concellos da provincia que teñen como obxectivo aplicar a compostaxe como modelo de xestión de lixo co fin de cumprir as esixencias europeas e autonómicas de reciclaxe.