O plantel de Construcciones Crespo pide a Cores Tourís que a Xunta lle manteña as obras adxudicadas

Pontevedra
20 de xuño 2014

O delegado da Xunta de Galicia mantivo unha xuntanza cunha representación dos traballadores, que se encontran á espera de que poida concretarse a oferta de compra dos empresarios de Alacante

O delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís, cos traballadores de Construcciones Crespo
O delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís, cos traballadores de Construcciones Crespo

A oferta da empresa Atalanta Gestión para quedarse con Construcciones Crespo obrigou aos representantes sindicais a alertar á Xunta de Galicia para que poidan manterse as adxudicacións públicas de obras dependendientes da administración autonómica.

Por este motivo, os representantes do plantel mantiveron unha reunión co delegado da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís, a quen lle solicitaron que se paralicen os procesos de readxudicación das obras concedidas inicialmente á empresa pontevedresa. Unha das obras que ían executar en Cuntis, xa foi adxudicada a outra empresa. Segundo fontes sindicais, necesitan que Construcciones Crespo poida contar con esas obras para garantir a viabilidade ante a proposta de compra por parte dos empresarios de Alacante.

Os representantes sindicais esperan coñecer durante a próxima semana os datos do plan de viabilidade que propón Atalanta Gestión, que ten previsto quedar cos 84 traballadores que conforman actualmente o equipo. Os empresarios, na primeira conversación mantida coa parte social, trasladou que será necesario que os empregados se sometan a unha rebaixa salarial dentro dese plan de viabilidade que presentarán ante o administrador xudicial.