A Corporación Municipal do Concello de Cerdedo-Cotobade aprobou varios regulamentos e ordenanzas entre os que destacan o que rexirá o funcionamento do albergue de peregrinos da Vía Mariana e do Camiño de Taverneiro, así como a referida ao uso dos locais de titularidade municipal.
Así, deste xeito os colectivos sociais e os veciños disporán dunha normativa clara que permita favorecer o uso e disfrute das instalacións municipais dun xeito ordenado por parte dos usuarios atendendo a unhas normas de obrigado cumprimento.
O Pleno deu tamén o visto bo á ordenaza reguladora do servizo de saneamento e depuración así como a outra de conservación das vías públicas en relación coas operacións de corta, saca, depósito e transporte de madeira e do aproveitamento de subprodutos forestais, moi demanda pola veciñanza e que vén a dar resposta aos problemas que se están a xerar pola acción dos madeireiros.
Ademais, a Corporación ratificou o Convenio de Homologación do Centro Cultural de Tenorio e lle deu luz verde ao de cooperación entre os concellos de Fornelos de Montes, A Lama e Cerdedo-Cotobade para a licitación conxunta do servizo de xestión do punto limpo ubicado no polígono industrial de Racelo, na Lama.
Por outra banda, o Pleno acordou a desafección parcial do Camiño da Grota para facilitar a súa permuta e deu autorización para asinar un convenio con Abanca para a cesión dun espazo para a instalación dun caixeiro automático.
Asemade, o alcalde Jorge Cubela deu conta das resolucións adoptadas pola Alcaldía e facilitou o informe de Tesourería co periodo medio de pagamento do primeiro trimestre do ano en curso.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.