O Pleno debaterá unha moción da CIG para evitar que Galicia sexa "unha teta subministradora de Madrid"

Pontevedra
28 de agosto 2015

Jon Barturen, responsable comarcal da área de Industria de CIG-Pontevedra, presentou este xoves a iniciativa lexislativa popular (ILP) que promove o seu sindicato contra a pobreza enerxética, un texto que acadou o respaldo do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e que será debatido no vindeiro Pleno da Corporación

Carme da Silva, Fernández Lores, Marcos Conde e Jon Barturen
Carme da Silva, Fernández Lores, Marcos Conde e Jon Barturen / Cristina Saiz

Opina Jon Barturen, responsable comarcal da área de Industria de CIG-Pontevedra, que "Madrid non pode condenar a esta terra a ser unha teta subministradora". E con esta afirmación presentou este xoves a iniciativa lexislativa popular (ILP) que promove o seu sindicato contra a pobreza enerxético, un texto que acadou o respaldo do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e que será debatido no vindeiro Pleno da Corporación.

A moción da CIG, que se está a presentar en todos os concellos galegos, promove unha ILP que inclúa medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética con obxectivo de presentala no Parlamento de Galicia e que se convirta nuna proposición non de lei A idea convenceu a Lores e, logo de reunirse con Barturen e co secretario comarcal da CIG, Marcos Conde, comprometeuse a que "apoiaremos con toda a forza posíbel a ILT".

O alcalde reiterou que a pobreza enerxética, que en Galiza afecta a unhas 108.000 persoas, ten que ver cos prezos da enerxía - o recibo da luz subiu un 67% nos últimos seis anos e un 107% na última década-  pero tamen coa baixa dos salarios ou conxelación, e o desemprego. A CIG recorda que Galicia produce o 12% da enerxía do Estado.