O pontevedrés Miguel Carballeda, reelixido á fronte do máximo órgano de goberno da ONCE

Pontevedra
19 de xaneiro 2023

Miguel Carballeda Piñeiro foi reelixido como presidente da Organización, abordando o seu segundo mandato de catro anos. O novo Consello Xeral do ONCE recentemente constituído esta semana teñen un marcado acento galego, cun segundo integrante de Galicia, Alberto Durán

Alberto Durán, vicepresidente primeiro da ONCE
Alberto Durán, vicepresidente primeiro da ONCE / ONCE

A ONCE mantén o seu forte vínculo con Pontevedra. Miguel Carballeda Piñeiro, nacido na cidade en 1959, foi reelixido como presidente da Organización, abordando un novo mandato de catro anos e liderando un Consello Xeral paritario (composto por oito mulleres e sete homes) e moi galego. 

Aínda que nacido en Pontevedra, Carballeda comezou a súa relación laboral coa ONCE en Baleares en marzo de 1978, onde ingresou como axente vendedor.Tras máis de nove anos como vendedor, Carballeda foi director administrativo da ONCE en Alacante, delegado territorial en Comunidade Valenciana e Cataluña, e director xeral da ONCE.

En xullo de 2003 resultou elixido presidente do Consello Xeral da ONCE, cargo que desempeña na actualidade tras varios procesos electorais na Organización.

Desde 2003 é vicepresidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) e en 2004 é elixido presidente do Comité Paralímpico Español. A partir de xaneiro de 2019 asume a presidencia do Grupo Social ONCE.

O novo Consello Xeral do ONCE recentemente constituído esta semana teñen un marcado acento galego. Ademais de Carballeda como presidente, hai un segundo integrante galego, Alberto Durán.

Ambos están tamén a fronte da Fundación ONCE. Miguel Carballeda exercerá a Presidencia, mentres que Alberto Durán López convértese en Vicepresidente Executivo.

Nacido en Ferrol en 1969, Durán é actualmente vicepresidente primeiro de Coordinación Institucional, Solidariedade e Relacións Externas do Consello Xeral da ONCE, vicepresidente executivo de Fundación ONCE e presidente da Fundación ONCE para América Latina (FOAL).

O Consello Xeral é o máximo órgano de representación e goberno da ONCE. Cada catro anos, as persoas afiliadas á Organización elixen en votación a quen os representará nese período. Das urnas resulta a nova composición dos Consellos Territoriais (un por cada comunidade autónoma) e do Consello Xeral. Nesta caso, as eleccións celebráronse o 1 de decembro de 2022.