O Porto de Marín medra un 26% ata o mes de xullo

Pontevedra
26 de agosto 2024

O Porto de Marín segue rexistrando unha evolución moi positiva no tráfico mensual de mercadorías, chegando a acumular un 26% de subida entre os meses de xaneiro e xullo con respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo os datos cos que conta a Autoridade Portuaria

Un buque entrando no porto de Marín
Un buque entrando no porto de Marín /

O Porto de Marín segue a rexistrar unha evolución moi positiva no tráfico mensual de mercadorías, chegando a acumular un 26% de subida entre os meses de xaneiro e xullo con respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo os datos cos que conta a Autoridade Portuaria.

Por grupos de mercadoría, as descargas de graneis sólidos seguen sendo o principal motor de crecemento xa que alcanzaron preto de 750.000 toneladas nos sete primeiros meses do ano, cunha subida acumulada do 47,7%, especialmente grazas ás descargas de grandes  volumes de acha de madeira e tamén de cereais e as súas fariñas.

A mercadoría xeral convencional (non contenerizada) rexistra tamén unha subida significativa superior ao 22% e acumulando xa máis de 400.000 toneladas, levantada principalmente por tráficos como a madeira, a pasta de papel ou os produtos siderúrxicos. 

En canto á mercadoría en contedor, acumulan importantes incrementos as conservas e outros produtos alimentarios ou as madeiras e cortizas.

O número de buques que chegou a porto tamén se incrementou un 15,5%, do mesmo xeito que o seu GT ou capacidade total.