O Porto de Marín renovará a cuberta da lonxa e os pavimentos en diferentes zonas

Marín
20 de setembro 2019

O Porto de Marín contará cun investimento de 794.000 euros para a súa mellora.

Reunión en Gijón do Fondo de Compensación Interportuario
Reunión en Gijón do Fondo de Compensación Interportuario /

O Porto de Marín contará cun investimento de 794.000 euros para a súa mellora. Estas obras, consisten na renovación da cuberta da lonxa e dos pavimentos en diferentes zonas do porto que se acaba de sacar a licitación. 

Despois do estudo técnico realizado previamente, no que se determinaron ata unha ducia de superficies, entre viais e chairas, nas que se vai a actuar, o proxecto abordará unha superficie de uns 35.000 metros cadrados, tanto en zonas pesqueiras, como comerciais, adoptando tres soluciones segundo o tipo de firme: formigón, mestura bituminosa e lastra.

Con todo iso, buscarán dar resposta ao aumento da actividade portuaria e as maiores cargas que soportan os firmes coa operativa, entre outros, de transportes especiais nun prazo de execución estimado, pola Autoridade Portuaria de Marín, de tres meses.

O orzamento, de 794.000 euros, foi establecido durante a reunión realizada en Gijón do Fondo de Compensación Interportuario, órgano de redistribución de recursos dentro do sistema.