O Porto de Marín lograba un rexistro histórico mensual no mes de agosto deste 2023 ao sumar 308.883 toneladas de mercadoría cargada e descarga nos peiraos.
Segundo indican desde a Autoridade Portuaria, nunca antes superáronse as 300.000 toneladas nun só mes. A cifra máis elevada databa de outubro de 2018 cando se notificaron movementos de 286.759 toneladas.
Ata o mes de agosto, o porto experimenta un crecemento global do 3,34%, impulsada en gran medida polo aumento dos graneis sólidos que superan nun 15,65% as cantidades descargadas no mesmo período do 2022.
Destacan as partidas de cereais e as súas fariñas e de madeiras e cortiza. Nos oito primeiros meses do ano continúa ademais o crecemento da pesca fresca no porto, cunha subida, respecto a 2022, do 9,5%.