O porto e o campus de Pontevedra exploran vías de colaboración

Pontevedra
11 de maio 2017

Juan Manuel Corbacho Valencia, vicerreitor do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo entrevistouse co presidente da Autoridade Portuaria, Jose Benito Suárez Costa, para explorar novas vías de colaboración entre ambas as institucións

Entrevista entre o responsable do Campus e da Autoridade Portuaria
Entrevista entre o responsable do Campus e da Autoridade Portuaria

Juan Manuel Corbacho Valencia, vicerreitor do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo entrevistouse co presidente da Autoridade Portuaria, Jose Benito Suárez Costa, para explorar novas vías de colaboración entre ambas as institucións.

Actualmente, a autoridade portuaria ten subscrito un acordo marco de cooperación educativa coa Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas para alumnos.

O vicerreitor fixo un percorrido polo recinto portuario acompañado de Suárez Costa para coñecer de preto a realidade das empresas situadas no porto e as posibilidades de potenciar lazos entre a universidade e a empresa.

Nos últimos anos, a autoridade portuaria recibiu alumnos da Universidade de Vigo, tanto estudantes de grao e licenciaturas como de distintos máster para a realización de prácticas en diferentes disciplinas.

Tras a visita, Corbacho destacou a "acollida extraordinaria" que lles dispensou a autoridade portuaria na que foi unha "primeira toma de contacto para tratar de potenciar a colaboración". Neste sentido, o vicerreitor apuntou a disposición de Suárez Costa para colaborar co campus en actividades "como visitas guiadas ou accións formativas, tanto no campus como no propio porto".