Analizar a nova ordenanza de mobilidade e utilización de espazos públicos do Concello de Pontevedra foi o motivo da reunión mantida a última hora da tarde deste xoves entre os concelleiros do Partido Popular, Rafa Domínguez e Pablo Fernández, coa directiva da asociación Pedaladas. "O goberno local ha optado polo inmobilismo. Non tivo en conta practicamente nin unha soa alegación", comparten ambas as agrupacións.
"O BNG rexeitou propostas nas que se expoñen políticas públicas verdes e de aposta pola sustentabilidade, o que vén minguar a calidade vida dos pontevedreses. Somos a única cidade que perseguirá o uso de bicicletas”, critica Fernández, moi molesto coa actitude dun "goberno pouco dialogante e participativo".
"Estamos moi descontentos coa falta de empatía do BNG con propostas que van na liña do fomento de transportes sostibles", continúa o edil popular. Desde o seu punto de vista, Fernández considera que "a opinión da sociedade civil non queda reflectida na norma, o que ten como resultado unha ordenanza partidista e insuficiente".
Os populares resolven a súa crítica denunciando a falta de "implicación co desenvolvemento urbano da nosa cidade, que segue pedindo a berros a elaboración dunha novo PXOM”.