O PP acusa o alcalde de Poio de insultar aos veciños cando di que se pagan poucos impostos

Poio
11 de xaneiro 2019

Desde o PP tildan de "falta de respecto aos veciños de principio a fin" a rolda de prensa do goberno de Poio sobre a presión fiscal e entenden que queren intentar frear o acto veciñal "Rodea o Concello" do domingo 20, convocada polo portavoz popular Ángel Moldes

Ángel Moldes, alcalde de Poio
Ángel Moldes, alcalde de Poio / Mónica Patxot

O Partido Popular emitiu un comunicado lamentando a rolda de prensa ofrecida este xoves polos máximos representantes do goberno local de Poio, o alcalde Luciano Sobral e a tenente de alcaldía Chelo Besada, acompañados polos concelleiros Xulio Barreiro e Gregorio Agís.

O PP acusa o bipartito de intentar enganar a xente manipulando os datos económicos e fiscais. Ángel Moldes pide aos gobernantes que lle digan á cara aos veciños que pagan pouco. E se pregunta se é mentira que en Poio se paga a recollida de lixo máis cara de Galicia, se non quixeron baixar o IBI e se non hai milleiros de veciños sen auga e sen saneamento.

Os populares consideran unha "falta de respecto aos veciños de principio a fin" a rolda de prensa ofrecida polos dirixente do BNG e do PSOE no goberno de Poio. Segundo expoñen, con esta acción queren frear o acto veciñal 'Rodea o Concello', convocado polo PP para o domingo 20.