O PP asegura que os seus deputados provinciais non poden acceder a Príncipe Felipe

Pontevedra
11 de febreiro 2020

"A xustificación oficial é que está restrinxido para familiares das persoas usuarias debidamente autorizadas, pero a realidade é que queren esconder que levan cinco anos sen facer ningunha das labores de mantemento que lle corresponden á Deputación no Príncipe Felipe", critica o voceiro do PP Jorge Cubela

Cidade Infantil de Príncipe Felipe
Cidade Infantil de Príncipe Felipe / Deputación de Pontevedra

O grupo provincial do Partido Popular critica que a Deputación de Pontevedra impida o acceso dos deputados ás instalacións do Príncipe Felipe.

"A xustificación oficial é que está restrinxido para familiares das persoas usuarias debidamente autorizadas, pero a realidade é que queren esconder que levan cinco anos sen facer ningunha das labores de mantemento que lle corresponden á Deputación no Príncipe Felipe", critica o voceiro do PP Jorge Cubela.

Ademais, asegura que se fan "visitas guiadas para alcaldes da cor política do bipartito".

Finalmente o popular pide á presidenta da Deputación, Carmela Silva, "que deixe de utilizar a institución con fins partidistas".

Os deputados provinciais do PP presentaron o 10 de xaneiro un escrito por rexistro da Deputación para solicitar autorización para visitar as instalacións do Príncipe Felipe, "e poder desenvolver así as funcións propias do seu cargo", como coñecer o estado no que se atopan os diferentes edificios que forman parte da institución provincial.