O PP brinda en Nadal defendendo que "outra Pontevedra é posible"

Pontevedra
17 de decembro 2022

O Partido Popular de Pontevedra organizou este sábado un petisco de Nadal ao que acudiu o presidente do PP de Galicia, Alfonso Rueda

Petisco de Nadal do PP de Pontevedra
Petisco de Nadal do PP de Pontevedra / Partido Popular

O Partido Popular de Pontevedra organizou este sábado un petisco de Nadal co seu candidato á alcaldía, Rafa Domínguez, á cabeza, e ao que asistiu o presidente do PP de Galicia, Alfonso Rueda.

O dirixente autonómico asegurou que "outra Pontevedra é posible", defendendo que a cidade necesita un cambio de rumbo.

"Subímonos contigo para que poñas a directa cara á alcaldía", afirmou Rueda.

Xunto a el Rafa Domínguez asegurou ter "máis ganas e ilusión que nunca", destacando "as ganas de cambio que teñen os veciños" tras anos dun goberno local "completamente esgotado, sen ideas e que ignora por completo os problemas dos pontevedreses".

Ademais de Domñinguez e Rueda participaron no petisco do Nadal representes da organización local do PP e tamén o seu presidente provincial, Luís López.