O grupo municipal do Partido Popular en Poio cre que Campelo quedará sen beirarrúas segundo o decálogo da Deputación que marca os criterios para as actuacións nas vías principais, polo que anunciou que presentará no próximo pleno municipal unha pregunta respecto diso.
A concelleira e portavoz do PP para Campelo, Natividad Torres, quere saber se o goberno local presentou alegacións ao decálogo para defender o proxecto da construción de beirarrúas nesta estrada provincial.
Segundo sinala Torres. a nova normativa aprobada pola Deputación o pasado mes de decembro restrinxe as actuacións de modificación de traza e ampliación de plataforma a estradas "cunha intensidade media diaria de vehículos superior a 3.000 vehículos ao día", condición que non cumpre o viario que transcorre por Campelo.