O PP critica que "a pesar do gasto en desbroce, os camiños de Poio nunca tan mal estiveron"

Poio
07 de xullo 2021

O voceiro do grupo municipal do PP, Ángel Moldes asegura que "estamos no peor ano en planificación de limpeza dos camiños municipais" xa que, o Goberno local "prioriza a venda de favores e as fotos nas redes sociais en lugar de ter un plan de actuación"

Ángel Moldes e Rocío Cochón no Camiño Fonteiriñas, en Casalvito
Ángel Moldes e Rocío Cochón no Camiño Fonteiriñas, en Casalvito

O Partido Popular de Poio critica que "a pesar do gasto en desbroce, os camiños e zonas públicas do concello están en peor situación que nunca". 

O voceiro do grupo municipal do PP, Ángel Moldes asegura que "estamos no peor ano en planificación de limpeza dos camiños municipais" xa que, o Goberno local "prioriza a venda de favores e as fotos nas redes sociais en lugar de ter un plan de actuación".

Dende o PP recordan que "en anos anteriores organizaban as zonas por festas locais, por eventos deportivos, etc., e agora nin iso", e poñen de exemplo foi no último evento deportivo de Lourido "no que a imaxe era lamentable".

"Son moitos a mandar e o que provocan é unha falta de coordinación absoluta", engade Moldes.