O PP culpa das inundacións ao mantemento inadecuado e á insuficiencia de sumidoiros

Pontevedra
16 de decembro 2019

Os concelleiros do Partido Popular de Pontevedra  Pepa Pardo e Gerardo Pérez tiveron senllos encontros con veciños e comerciantes de cálea pai Fernando Olmedo

Así quedou asolagado o restaurante Atlántico / Restaurante Atlántico

Os concelleiros do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo e Gerardo Pérez Puga tiveron senllos encontros con veciños e comerciantes da rúa do Pai Fernando Olmedo, despois de que este domingo a zona terminase moi afectada polas choivas.

"La calle está completamente descuidada y abandonada", mantivo Pardo tras a visita.

Segundo o Partido Popular, os veciños e comerciantes consulltados transmitíronlles numerosas queixas sobre a falta dun mantemento adecuado da propia rúa e a pouca limpeza dos canos "a lo largo de la visita nos hemos encontrado incluso con ratas y basura que provenían de las alcantarillas y que provocaron tapones que ayudaron a que el agua se acumulase".

"Los sumideros, y lo dicen los vecinos, son insuficientes. Los reclamaron hace un año cuando se realizó la reforma de esta calle y no les hicieron caso, a sabiendas que es una zona sensible de ser inundable", dixo Pardo. Ademais, os populares mostráronse sorprendidos cando os veciños e comerciantes transmitíronlle que ningún membro da Corporación local púxose en contacto con eles.

"É unha vergoña que por parte do Concello se lle deste trato aos veciños de Pontevedra e que a escusa que poñan en rolda de prensa é que se trata de zonas inundables e que a única solución sexa cambiar a localización de dous edificios", engadiu a edil do PP.

CAMPOLONGO

Pola súa banda, os edís Guille Juncal e Silvia Xunco visitaron o complexo deportivo BeOne Campolongo, que tivo que pechar as súas portas o domingo.

Segundo informan os edís do PP, "os usuarios quéixanse de que, a pesar do investimento millonario, segue habendo pingueiras desde xa hai un tempo considerable. Por se iso fose pouco, onte as instalacións asolagáronse deixando fóra a moitos usuarios que se desprazaron ata o recinto".

Os populares entrevistáronse co director das instalacións, José Bamio, que lles explicou como a auga acabou coándose cara ao interior do edificio deportivo.