O PP de Barro quere construir un centro de día na entorna do tanatorio. Segundo valoran, trátase dunha proposta "real e necesaria" dirixida, neste caso, para as persoas maiores do concello.
Dende o Partido Popular afirman que o seu candidato á Alcaldía de Barro, Eduardo Ruadas e o seu equipo "construirán un servicio necesario e imprescindible para o nosos maiores, cómo é un centro de día".
Tamén aseguran que "contan con compromisos de axuda para levar adiante o proxecto".
A ubicación escollida "en base a criterios técnicos" é a contorna do tanatorio, na parte traseira do Pazo da Crega, na zona de San Antoniño.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.