O PP de Poio celebrará el domingo 14 de maio a súa Romaría no Monte Castrove

Poio
03 de maio 2023

O candidato do PP á Alcaldía, Ángel Moldes, di que "non hai mellor maneira de iniciar este ano a campaña das municipais do 28 de maio que facelo co maior valor que temos no PP, que son os veciños e veciñas de Poio"

XV Romaría do PP de Poio no Monte Castrove
XV Romaría do PP de Poio no Monte Castrove / Cristina Saiz

O PP de Poio celebrará o domingo 14 a súa tradicional Romaría Popular no Monte Castrove. 

O candidato á Alcaldía, Ángel Moldes, di que "non hai mellor maneira de iniciar este ano a campaña das municipais do 28 de maio que facelo co maior valor que temos no PP, que son os veciños e veciñas de Poio". 

Desde o PP informa que as persoas que queiran asistir á XVI Romaría do PP deben realizar unha reserva previa na sede local do partido ou chamando ao número de teléfono 986 77 22 25. A data límite para anotarse será o 10 de maio. 

O menú terá un prezo de 10 euros por persoa, un prezo reducido para favorecer a asistencia de todas as persoas que queiran asistir.

Como noutras edicións, a festa contará con animación musical e xogos infantís.