O PP de Poio convida a participar na habitual Romaría en Monte Castrove

Poio
14 de maio 2022

Tras dous anos sen poder celebrarse por mor da pandemia, regresa una cita "moi importante para os afiliados, para o Partido Popular e para tantos veciños e veciñas de Poio", a XV Romaría no Monte Castrove

Romaría Popular en Monte Castrove
Romaría Popular en Monte Castrove / PP de Poio

O Partido Popular de Poio celebrará a súa habitual xuntanza no Monte Castrove o domingo 29 de maio. 

Tras dous anos sen poder celebrarse por mor da pandemia, regresa una cita "moi importante para os afiliados, para o Partido Popular e para tantos veciños e veciñas de Poio", a XV Romaría no Monte Castrove

Isto indica, segundo o voceiro do PP, Ángel Moldes, que "a mellora da situación sanitaria permite que volvamos estar xuntos participando da nosa romaría. Gustaríanos que participedes desta reunión con nós, coa vosa familia e amigos para desfrutar xuntos dun día de convivencia e fraternización celebrando todo o que nos une".

A xornada comezará ás 13:00 horas co saúdo do Partido Popular; ás 14:00 horas comezará o xantar que constará de variado de empanada, ensalada, parrillada de carne, pan, viño e bebidas e o postre e café. O menú terá un prezo de 10 euros por persoa, co ánimo de favorecer a asistencia. A Romaría estará amenizada pola animación musical nesta edición do Trío Azabache.

Para unha mellor organización, desde o PP facilitarán os teléfonos da sede local (986 77 22 25), de Angel Moldes (679 54 51 33) e de Rocío Cochón (648 043 571) para solicitar a asistencia. Unha vez feito, poderán recoller as entradas na sede local do luns 23 ao venres 27 de maio, en horario matinal de 11:00 a 13:00 e de 20:00 a 21:30 en horario de tarde.

Moldes amosou a súa "gran satisfacción" por retomar unha xornada tan especial agardando a presencia da "gran familia do PP de Poio".