O PP de Poio critica o mal estado do parque infantil de Chousa

Poio
03 de xullo 2020

O concelleiro popular de Combarro, Tucho Muiños, lamenta que a mala imaxe desta instalación é o reflexo da falta de actuacións do goberno local na parroquia

Mal estado do parque infantil de Chousa, en Combarro
Mal estado do parque infantil de Chousa, en Combarro / Partido Popular de Poio

O Partido Popular de Poio denuncia o mal estado do parque infantil de Chousa, en Combarro. Considera o concelleiro Tucho Muiños que esta instalación "é o claro reflexo do esquecemento e abandono da parroquia de Combarro por parte do goberno tripartito", critica.

Denuncia o edil que o parque dispón dunha soa randeeira para multitude de nenos e advirte da presenza de aparellos rotos, táboas cortantes e materiais deteriorados.

Lembran os populares que xa presentaron unha moción para a mellora deste parque que foi rexeitada polos grupos de goberno.

Neste sentido desde a oposición critican a imaxe que transmite a parroquia aos turistas. "O pésimo estado no que se atopa é o primeiro que aprecian os turistas nada máis entrar no conxunto histórico", denuncia Muiños.

"No últimos dez anos non fixeron nin unha soa obra importante", lamenta o concelleiro co obxectivo de denunciar o abandono da parroquia