O PP de Poio lanza a campaña "Alcalde, baixada do IBI xa!"

Poio
17 de outubro 2018

Levarase a cabo durante as próximas semanas e incluirá pegadas de carteis, reunións informativas en todas as parroquias e mobilizacións cidadás

Ángel Moldes presenta a campaña pola baixada do IBI
Ángel Moldes presenta a campaña pola baixada do IBI /

O voceiro do Partido Popular de Poio, Ángel Moldes, presentou este mércores a campaña "definitiva" para conseguir a baixada do IBI e a reducción da presión fiscal por parte do goberno local, co lema "Alcalde, baixada do IBI xa!".

Levarase a cabo durante as próximas semanas e incluirá pegadas de carteis, reunións informativas en todas as parroquias e mobilizacións cidadás.

Ángel Moldes comprométese a que, "se BNG e PSOE seguen a bloquear estas medidas", e os veciños dan a súa confianza ao PP nas eleccións municipais de 2019, baixará o IBI e aplicará bonificacións nos primeiros tres meses de mandato.

Moldes chamou aos veciños a elixir entre a forma de actuar do bipartito BNG-PSOE, "subindo impostos, con algunhas das taxas máis caras de Galicia, negándose a facer rebaixas ou aplicar bonificacións e intentando crear ordenanzas para poder cobrar máis"... e as propostas do Partido Popular de Poio: "baixar os impostos para que os veciños paguen menos e poder axudar ás familias".