O PP de Poio promete outros dous campos de herba artificial nos próximos oito anos

Poio
04 de maio 2015

O plan incluiría a conversión do campo de fútbol da Seca, de herba natural en herba artificial para adaptalo á alta demanda existente no Concello. O proxecto inclúe a instalación de herba sintética no campo de Río de Bois, en Samieira, que daría servizo a dita parroquia e máis a Raxó

Ángel Moldes presenta a súa candidatura en Monte Castrove
Ángel Moldes presenta a súa candidatura en Monte Castrove /

O candidato popular á alcaldía de Poio, Ángel Moldes, comprometeuse este luns a dotar ao Concello de dous campos de fútbol de herba sintética nos vindeiros oito anos, en caso de sair elixido nas eleccións do día 24.

Ángel Moldes detallou que o proxecto consistiría, nunha primeira fase, na sustitución da actual herba natural por herba sintética no campo da Seca, ao fin de adaptalo á alta demanda existente de instalacións para a práctica do fútbol. “Aínda que para min é unha pena perder un campo de céspede natural como o da Seca, polo que supón de produto diferenciado, a nosa climatoloxía fai que sexa unha opción moi custosa que ademais non se está a aproveitar”.

O proxecto presentado por Moldes incluiría posteriormente a pavimentación do campo de Río de Bois, en Samieira, con herba artificial. “Cremos que esta actuación non acarrearía excesivos problemas, xa que só esixiría un convenio coa Comunidade de Montes e facilitaría o seu uso por parte de equipos de Samieira e Raxó, proporcionando unhas necesarias instalacións na parte occidental do Concello, con campos propios e sen necesidade de utilizar dotacións doutros concellos ou facer quilómetros e quilómetros para a práctica deportiva.”