O Partido Popular de Pontevedra propón toda unha batería de actuacións para a parroquia de Alba. Despois de escoitar as demandas dos veciños, a concelleira Silvia Junco reclamou "melloras elementais como o saneamento ou viais decentes".
“Sorprende en moitos casos o deixamento do BNG e do PSOE ante peticións que nos fan os veciños. Son demandas básicas e elementais que mellorarán de maneira significativa a súa día a día e a súa calidade de vida”, mencionou a popular, que inclúe nas súas peticións a adecuación dos lavadoiros de San Caetano e Alba, así como a mellora na contorna da de Iglesia Santa María de Alba.
Os populares fan fincapé tamén na necesidade de arranxar e instalar puntos informativos na parroquia . "Os carteis informativos facilitarán, por exemplo, que as ambulancias se sitúen mellor e atendan de maneira máis eficaz as urxencias na parroquia. Ademais, a cartelería que indica por onde deben transitar os peregrinos está borrada. Debemos poñer en valor con estas melloras o paso do Camiño a Santiago polo rural pontevedrés", rematou.