O portavoz do grupo municipal do PP, Rafa Domínguez, urxiu ao Concello de Pontevedra a "cumprir cuns mínimos de limpeza e de hixiene" na praia de Ponte Sampaio.
"Todos os anos denunciamos nas mesmas datas o abandono ao que esta sometido este espazo. A solución pasa por ofrecer un servizo de recollida de lixos permanente e continuo, xa que agora mesmo é puntual". Domínguez asegurou que se trata da principal queixa dos usuarios desta praia.
"Dá vergoña que Pontevedra sexa dos concellos de Galicia que máis gasta en recollida de lixos e máis sucio está. A acumulación de bolsas de lixo en puntos como este é un escándalo", criticou Domínguez.
"Esta fin de semana as papeleiras e o areal estaban cheos de lixo e foron varios os usuarios que se queixaron. A isto hai que sumar a falta de limpeza dos baños", destacou o popular. O presidente do Partido Popular ha enmarcado "o deixamento con esta praia dentro do abandono que o Concello mantén coas parroquias e o rural de Pontevedra".
Por último, Domínguez cuestionou o motivo polo cal o Concello non habilita un posto fixo de socorrismo para a praia de Ponte Sampaio."Os socorristas só están a fin de semana, algo que non entendemos. Avogamos e cremos que é fundamental que este posto sexa cuberto durante a totalidade dos días que ten a semana".