O PP denuncia unha subida do IBI "ás agachadas" en Poio

Poio
08 de agosto 2020

O PP de Poio denuncia que, tal e como eles xa advertiran a finais de ano, o goberno local fixo efectiva a subida do IBI no recibo deste ano. Os recibos con este incremento, segundo aseguran, están a chegar ás vivendas, de maneira que consideran que "o tempo lles deu a razón"

Sergio Pereira, Rocío Cochón e Ángel Moldes, nunha imaxe de arquivo
Sergio Pereira, Rocío Cochón e Ángel Moldes, nunha imaxe de arquivo / PP de Poio

O PP de Poio denuncia que, tal e como eles xa advertiran a finais de ano, o goberno local fixo efectiva a subida do IBI no recibo deste ano. Os recibos con este incremento, segundo aseguran, están a chegar ás vivendas, de maneira que consideran que "o tempo lles deu a razón".

Os 'populares' recordan que, en xaneiro, convocaron un Pleno Extraordinario para tratar de impedir esta subida do IBI, pero o Goberno Tripartito votou en contra. Foi despois de que o sábado 28 de decembro de 2019 o BOE publicara que Poio solicitara a Catastro en 2019 subir os valores catastrais de todas as vivendas para este 2020 e seguintes, subindo deste xeito o recibo do IBI e as Plusvalías. 

O concelleiro do PP Sergio Pereira denuncia que os 3 socios do tripartito negaron esa subida e "volveron a traizoar" os veciños de Poio subíndolle de novo o IBI.

Pereira acusou de forma directa a Avante Poio, pois anunciaba "rexeneración e transparencia" e, en realidade, "non ve ningún cambio" coa súa chegada ao Goberno local, "senón que todo o contrario.

O PP critica que o tripartito significa "subida de impostos, máis soldos a alcaldes, máis soldos a asesores, máis dedicacións exclusivas e menos servizos para os veciños e veciñas de Poio".