O PP esixe ao goberno local que asuma como "prioritario" o acondicionamento da estrada de Campelo

Poio
07 de xaneiro 2016

Os populares denuncian a deixadez do goberno local coa veciñanza, xa que "o consistorio leva 10 anos sen facer actuacións de relevancia e os investimentos en Campelo previstos nos presupostos para 2016 son de cero euros"

Os deputados populares en Campelo PP provincial

A voceira do grupo municipal do Partido Popular para Campelo, Natividad Torres, esixe ao goberno local de Poio que asuma como "prioritario" o acondicionamento da estrada de Campelo e a instalación de beirarrúas.

Para a edil popular, o accidente dun camión frigorífico o día 5 ao saír da calzada e quedar atrancado na gabia da estrada de Campelo "ten que servir de advertencia para que o Concello se poña mans á obra" coas obras necesarias no lugar, un dos principais núcleos de poboación de Poio, de grande importancia para a economía do Concello.

A popular lembra que o seu partido presentou varias iniciativas "tanto a nivel municipal como provincial" e anuncia que preguntará en comisións e plenos polo estado "das actuacións que prometeu facer o Concello, como as cesións de terreos"

Os populares denuncian o desleixo do goberno local coa veciñanza, xa que "o consistorio leva 10 anos sen facer actuacións de relevancia e os investimentos en Campelo previstos nos presupostos para 2016 son de cero euros"

Torres anunciou que o PP preguntará polo estado das cesións de terreos na próxima comisión de urbanismo e que ela mesma intervirá no pleno deste mes "para recordarlle aos membros do Concello que os veciños de Campelo precisan e esixen que se poñan mans á obra para garantiren a súa seguridade", e que seguirá a facer todo o posible "para acadarmos un Campelo do século XXI".