O PP esixe un trazado "menos lesivo" para o paso da A-57 por Xeve e Bora

Pontevedra
15 de xaneiro 2019

As dúas alternativas que baralla Fomento para o segundo tramo da autovía A-57 teñen un "enorme impacto social", segundo denuncia o Partido Popular de Pontevedra. Por iso é polo que solicitasen ao Goberno que busquen un trazado "menos lesivo" para os veciños de Xeve e Bora

Reunión no PP con veciños de Bora e Xeve pola A-57
Reunión no PP con veciños de Bora e Xeve pola A-57 /

As dúas alternativas que baralla Fomento para o segundo tramo da autovía A-57 teñen un "enorme impacto social", segundo denuncia o Partido Popular de Pontevedra. Por iso é polo que solicitasen ao Goberno que busquen un trazado "menos lesivo" para os veciños de Xeve e Bora.

Os afectados mantiveron un encontro coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, os deputados Pilar Rojo e Tomás Fole, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e responsables do PP municipal, entre eles Rafa Domínguez e Pepa Pardo.

Domínguez denunciou que están "comprometidas" unhas cincuenta casas, total ou parcialmente, e que os técnicos do ministerio non incorporaron ao proxecto ningunha das suxestións realizadas polos veciños.

Ademais, lamentou a data elixida para someter o trazado a exposición pública, en pleno Nadal, o que "dificulta la capacidad de reacción" dos afectados; e que o goberno municipal non recibise aos afectados.

"Intentaremos, a través de iniciativas tanto a nivel local como autonómico y nacional, que se busque un trazado que sea menos lesivo y que incluya las sugerencias de los vecinos", engadiu Domínguez.

Preguntado sobre por que o PP atende agora aos veciños de Xeve e Bora e non o fixo cos de Marcón cando a A-57 esnaquizou o monte da Fracha, o líder dos populares pontevedreses sinalou que estes "también eran importantes", pero recoñeceu que "lo que está hecho yo ya no lo puedo modificar".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en