O PP exixe "respecto institucional" ao alcalde: "Non queremos que usurpen as instalacións de todos"

Pontevedra
18 de xullo 2014

O voceiro municipal do Partido Popular esixirá unha explicación ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores sobre a recepción oficial ao voceiro nacional do Bloque, Xavier Vence, que se desprazou ata o concello para expresar publicamente o seu apoio ao rexedor

Visita institucional de Xavier Vence (BNG) ao Concello de Pontevedra PontevedraViva

O voceiro municipal do Partido Popular esixirá unha explicación ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores sobre a recepción oficial ao voceiro nacional do Bloque, Xavier Vence, que se desprazou ata o concello para expresar publicamente o seu apoio ao rexedor. "Queremos que explique por que o encontro entre os dous líderes nacionalistas se produciu na propia casa consistorial, como se o Concello fora a sede da organización política", dijo Moreira.

O concelleiro popular quere que Fernández Lores aclare tanto se distingue entre a sede dun partido e a dunha institución, "como se sabe diferenciar o desempeño do seu cargo público da súa condición de responsable político no BNG".

"Xa vimos en múltiples ocasións como emprega o balcón do Concello para as súas proclamas políticas", engadiu Moreira

Acusan de "mesturar sen ningún rubor a acción municipal e os intereses dunha organización política"

"Presentar do xeito que fixeron el e Xavier Vence a análise política da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e valorar o seu contido no escenario no que o fixeron _engadiu o concelleiro popular_, supón mesturar sen ningún rubor a acción municipal e os intereses dunha organización política. E quizás ese sexa o principal motivo da imprudente actitude do alcalde de alardear no seu día de ser insubmiso as leis que non lle gustan, antepoñer os réditos que puidera conseguir o BNG con aquela arrogancia a calquera outro obxectivo das súas decisións".

"Non queremos que usurpen as instalacións de todos os cidadáns hai que gardar un mínimo de respecto institucional", rematou Moreira.