O PP insta ao Concello a que lle impoña prazos ao convenio coa ONCE

Pontevedra
24 de abril 2013

O concelleiro do Partido Popular, Ricardo Aguilar, criticou este mércores ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, por "non cumprir os seus convenios urbanísticos". En aras ao "buen gobierno de la ciudad de Pontevedra" desde a oposición municipal instan ao alcalde a que impulse un novo convenio coa ONCE no que se fixen os prazos ás obras comprometidas

O concelleiro do Partido Popular, Ricardo Aguilar, criticou este mércores ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, por "no cumplir sus convenios urbanísticos".

En concreto, o portavoz popular, citou o convenio subscrito "hace nueve años" coa Universidade de Vigo polo que se construiría o edificio que albergará os actuais estudos de Belas Artes e Deseño nun solar de 20.000 metros cadrados en Tafisa "que el Concello todavía no ha puesto a disposición haciendo peligrar esta inversión y generando perjuicios notables".

Tamén sinalan como exemplo desta "falta de cumplimiento" o atraso na entrega á Xunta dos terreos necesarios para a construción do edificio xudicial na Parda.

E finalmente desde o PP abundan na súa crítica co Convenio subscrito coa ONCE "hace siete años" e que a día de hoxe está paralizado.

Recordemos que este convenio contemplaba a construción do centro de Recursos Educativos, o único de referencia en todo o Noroeste peninsular. O acordo incluía a construción dun aparcamento público dunha nova rede viaria vinculada á ONCE e a cesión do Colexio Santiago Apóstolo.

"Ninguno de estos compromisos se ha cumplido y Lores ni los ha reclamado", reprochou Aguilar Argenti, "como él tampoco cumple, sus palabras y sus convenios tienen poco valor, no tiene fuerza moral para hacer cumplir los compromisos de otros".

En aras ao "buen gobierno de la ciudad de Pontevedra" desde a oposición municipal instan ao alcalde a que impulse un novo convenio coa ONCE no que se fixen os prazos ás obras comprometidas.