O Partido Popular nomea unha nova xestora en Vilagarcía de Arousa, presidida pola voceira municipal, Ana Granja, e con Raul Santamaría como secretario. Xunto a eles, tamén a integran os concelleiros Yolanda Bóveda, Roberto Domínguez e Inma Díez, a deputada autonómica Elena Suárez, Lourdes Baños, Juan Maneiro, Marta Rodríguez Arias, Tamara López e Juan Andrés Bayón.
Os membros da xestora reuníronse este mércores pola noite co presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, un encontro no que tamén participaron a secretaria xeral Luisa Piñeiro, o vicesecretario de Acción Electoral, Javier Tourís e a coordinadora provincial do Salnés, Paz Lago, e que serviu para fixar como obxectivo inmediato do novo órgano dar a coñecer, coa maior brevidade, o nome da persoa candidata ás municipais de maio.
CAMPO LAMEIRO
Por outra banda, o Partido Popular de Campo Lameiro celebrará o seu cuarto congreso local o sábado 22 de outubro, no que terán dereito a voto os afiliados neste concello. O PP provincial dá así luz verde á celebración do cónclave, para o que tamén se aprobou o regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do congreso, así como a composición da Comisión Organizadora, que estará formada polo ex alcalde Julio Sayáns, como presidente, María de las Nieves Boullosa Ferrín e Haydé Reboredo Coello.
Os afiliados interesados en presidir o partido poden presentar as súas candidaturas nos vindeiros sete días, acompañadas, como mínimo, do apoio do 5% dos afiliados locais.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.