O grupo provincial do Partido Popular pedirá no próximo pleno da Deputación que o goberno bipartito reserve nos orzamentos da institución provincial para 2017 unha partida para substituír a herba natural do campo de fútbol da Seca, en Poio, por herba sintética.
O voceiro dos populares, Ángel Moldes, explica que o céspede actual xa está moi deteriorado, polo que é necesario cambialo e considera que é momento de apostar pola herba sintética.
Este cambio de herba natural a sintética xa foi aprobado nunha das reunións do Consello Municipal de Deportes de Poio, no que participan representantes de todos os clubes locais e dos diferentes partidos políticos con representación municipal.