O PP pide a implantación do voto telemático no Concello de Pontevedra

Pontevedra
25 de setembro 2019

O Partido Popular solicitará ao Pleno da Corporación que o Concello de Pontevedra incorpore esta medida que "garante a igualdade efectiva entre mulleres e homes", mediante a modificación do regulamento aos novos tempos facilitando a participación non presencial a través das novas tecnoloxías

Pepa Pardo e Rafa Domínguez
Pepa Pardo e Rafa Domínguez / PontevedraViva

O voto a distancia é posible en institucións como a Comunidad de Madrid, o Congreso dos Deputados, a Deputación de Sevilla, ou concellos como Huelva, Zamora, Guadalaxara ou Madrid, entre outros.

O Partido Popular solicitará ao Pleno da Corporación que o Concello de Pontevedra incorpore esta medida que "garantiza la igualdad efectiva entre mujeres y hombres", mediante a modificación do regulamento aos novos tempos facilitando a participación non presencial a través das novas tecnoloxías aos edís "con permisos de maternidad o paternidad y en algunos casos de embarazo".

O voto telemático unicamente é para os plenos, onde o voto é persoal e non se pode delegar.

Segundo explicaron en rolda de prensa este mércores os concelleiros populares Rafa Domínguez e Pepa Pardo, esta medida "apuesta cien por cien por la conciliación" permitirá aos concelleiros asistir a distancia e poder votar de maneira telemática nas sesións plenarias se se atopan de baixa por maternidade ou paternidade.

O avance das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), facilitan a participación activa da cidadanía en moitos aspectos da vida tanto política como social.

Pepa Pardo destacou que con esta posibilidade garántese a "igualdad efectiva entre mujeres y hombres", ao facilitar ás mulleres que se atopan de permiso por embarazo ou parto o poder participar e votar nos plenos a través de videoconferencia.