O PP pide a intercesión da Valedora do Pobo ante os problemas coa auga na Caeira e Boavista

Poio
03 de marzo 2022

Nunha rolda de prensa celebrada este xoves, o portavoz local do PP, Ángel Moldes, explicou que o seu grupo busca que a Valedora "interceda" ante o Goberno local polas "avarías constantes e a mala calidade do servizo de auga" que se presta á veciñanza "e ante as continuas negativas do Goberno local a solucionalo"

Concelleiros do PP de Poio
Concelleiros do PP de Poio / PP de Poio

O PP de Poio presentou unha queixa ante a oficina da Valedora do Pobo polos problemas de auga na Caeira, en Boavista e noutros lugares do municipio.

Nunha rolda de prensa celebrada este xoves, o portavoz local do PP, Ángel Moldes, explicou que o seu grupo busca que a Valedora "interceda" ante o Goberno local polas "avarías constantes e a mala calidade do servizo de auga" que se presta á veciñanza "e ante as continuas negativas do Goberno local a solucionalo".

Ángel Moldes asegura que os veciños levan máis de dez anos arrastrando estes problemas. "Xa que non queren dar explicacións aos veciños, agora terán que facelo ante a Valedora do Pobo", dixo.

Moldes recorda que "o contrato de auga está caducado e na quinta e última prórroga legal" polo que pregunta ao Goberno local "a que están esperando?".