O PP pide ao goberno local de Poio que faga públicas as axudas e subvencións

Poio
26 de xuño 2017

Os populares recordan que a información segue sen estar dispoñible despois de varias mocións e peticións, e aluden ao índice Dyntra que situou Poio á cola da transparencia de Galicia

Pleno do Concello de Poio
Pleno do Concello de Poio

A concelleira do Partido Popular, Nati Torres, anunciou a presentación dun rogo no pleno ordinario de xuño, que se celebra este martes, para que o concello faga públicos os importes, destinatarios e outros detalles das axudas e subvencións que concede a entidades, colectivos, eventos e otras, "como esixe a lei".

Torres recordou que xa no pleno de outubro do pasado ano, o grupo popular presentou unha moción para detallar e facer públicas estas axudas, "e o bipartito votou que non, como fai con todas as iniciativas para aumentar a transparencia, por algo somos un dos concellos máis opacos de Galicia".

"Só pedimos que se fagan públicas as cantidades das subvencións, convenios e axudas aos distintos eventos e asociacións", dixo Torres, "incluídas as subvencións indirectas, de cuxo abuso teñen advertido frecuentemente os servizos técnicos municipais".

Torres indicou que despois desa e outras iniciativas dos populares, e do informe da plataforma Dyntra publicado a principios de ano que situaba a Poio na cola da transparencia de Galicia, "o apartado da web sobre subvencións, convenios e axudas segue sen dar ningunha información".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora