O PP pide que se reparen os viais municipais de Vilaboa

Vilaboa
21 de abril 2023

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular e candidato á Alcaldía de Vilaboa, Alberto Acuña, asegura que "son numerosas as chamadas de veciños que denuncian incidencias"

Alberto Acuña nun vial con fochancas
Alberto Acuña nun vial con fochancas / PP de Vilaboa

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular e candidato á Alcaldía de Vilaboa, Alberto Acuña, solicitou que o Concello inicie un plan de reparacións de viais por todo o municipio.

Alberto Acuña asegura que "son numerosas as chamadas de veciños que denuncian incidencias". Así llo trasladaron este xoves os residentes nos lugares do Muiño e A Torre.

O PP asegura que este é un problema común a todos os núcleos de Vilaboa debido a "un abandono no esencial do seu mantemento que vén de anos atrás e só prexudican aos veciños".

Os populares propoñen un plan anual que contemple a reparación das vías cando se detecta incidencias nelas.