Adaptar as súas medidas aos novos parámetros e directrices que, segundo o Partido Popular, marca o comité nacional de skateboarding. É a petición que fixo Guillermo Juncal para que o Concello reformule o skatepark previsto na Xunqueira e inclúa estas modificacións.
En rolda de prensa, Juncal reclamou aproveitar o atraso que sofre este equipamento, que está á espera de que Concello e Universidade asinen un convenio para a cesión dos terreos, para resolver cuestións relativas ás súas dimensións e equipamentos.
De non facelo, segundo o edil do PP, o skatepark de Pontevedra non poderá albergar "con total seguridad" torneos de competición, xa que non cumpriría cos "requisitos mínimos" que se fixaron ao ser deporte olímpico en Tokio 2020.
"Nos vamos a gastar más de medio millón de euros en una instalación que no cumple con las demandas de sus propios usuarios ni con los parámetros profesionales", detallou Juncal, que avanzou que esta petición responde as demandas do colectivo de patinadores.
A este respecto, o concelleiro popular lamenta que o responsable de Deportes no goberno municipal, Tino Fernández, decidise non recibir aos membros desta asociación que, ao seu xuízo, son un dos colectivos deportivos "más maltratados" da cidade.