O PP propón a instalación dunha pantalla informativa en Combarro

Poio
20 de xaneiro 2022

O obxectivo sería aproveitar o reclamo da vila combarresa para informar da oferta de hostalería, restauración, as actividades e recursos dispoñibles aos visitantes e promocionar todos os atractivos turísticos do Concello

Unha pantalla informativa na rúa
Unha pantalla informativa na rúa / PP de Poio

O grupo municipal do Partido Popular de Poio propón a instalación dunha pantalla informativa en Combarro para anunciar das actividades e recursos dispoñibles aos visitantes e promocionar todos os atractivos turísticos do Concello.

Segundo o portavoz do PP, Ángel Moldes, no concello "non estamos aproveitando o reclamo turístico que supón Combarro para Poio", con miles de persoas que visitan Combarro diariamente en moitas épocas do ano "pero que entran e marchan sen descubrir todo o que pode ofrecer e moito menos outras zonas que poden visitar do concello".

Moldes recordou ademais que a gran maioría de meses do ano a oficina de turismo de Combarro está pechada, "momentos nos que os turistas poderíanse informar nesta pantalla sobre toda a oferta de Combarro e das demais parroquias".

O PP engadiu que o custo da pantalla "sería moi asumible xa que cada vez existen máis subvencións para este tipo de instalacións, e incluso podería autofinanciarse con publicidade".