O PP proporá ao Pleno de Poio a rescisión do contrato coa empresa encargada da recollida do lixo

Poio
09 de xaneiro 2020

O Partido Popular de Poio anunciou que presentará unha moción para impoñer sancións económicas á empresa adxudicataria da recollida de lixo, e para "estudar seriamente" a resolución do contrato do concello coa empresa Valoriza "a raíz dos graves e sistemáticos incumprimentos" do mesmo

Camións de recollida de lixo en Poio
Camións de recollida de lixo en Poio / PontevedraViva

O Partido Popular de Poio anunciou que presentará unha moción para impoñer sancións económicas á empresa adxudicataria da recollida de lixo, e para "estudar seriamente" a resolución do contrato do concello coa empresa Valoriza "a raíz dos graves e sistemáticos incumprimentos" do mesmo.

Os populares calificaron coma "demoledores" os últimos informes de seguimento do servizo elaborados por Into Consulting e correspondentes a xullo, agosto, setembro e outubro de 2019 así como os informes do enxeñeiro municipal.

Into Consulting conclúe que non se están a cumprir os compromisos que a empresa asumiu co Concello hai xa 4 anos e o enxeñeiro municipal, cada mes, está a emitir informes desfavorables en relación a prestación deste contrato de recollida de basura.

O voceiro do PP en materia medioambiental, o concelleiro Manuel Domínguez, resaltou que tanto a consultora coma o funcionario advirten de numerosas deficiencias e irregularidades "como os populares e os propios veciños levan anos denunciando".

O PP esixe a continuidade dos traballadores en caso de rescindir o contrato xa que "o problema son las irregularidades da empresa". "En ningún momento cuestionamos ou responsabilizamos aos traballadores, que sabemos que fan todo o que poden", dixo o edil do PP.

"Ata cando o compadreo dos tres Alcaldes con Valoriza?", pregúntase o concelleiro popular.

O informe é especialmente duro coa situación dos investimentos pendentes por parte da concesionaria, destacando que, catro anos despois de asumir o servizo, a empresa aínda non realizou inversións comprometidas por valor de 150.000 euros.