O PP provincial prepárase de cara a vindeira cita coas urnas

Pontevedra
28 de decembro 2018

A Xunta Directiva Provincial contou coa presenza do presidente provincial dos populares Alfonso Rueda e dos conselleiros Ethel Vázquez, Román Rodríguez e Jesús Vázquez Almuíña

Reunión da Xunta directiva provincial do PP liderada por Alfonso Rueda
Reunión da Xunta directiva provincial do PP liderada por Alfonso Rueda / Partido Popular

Alfonso Rueda, presidente do Partido Popular de Pontevedra presentaba este xoves ante a Xunta Directiva Provincial un balance positivo do traballo que a agrupación levou a cabo durante 2018.

A este encontro asistiron tamén os conselleiros Ethel Vázquez, Román Rodríguez e Jesús Vázquez Almuíña, ademais de alcaldes, presidentes locais do partido e candidatos ás alcaldías dos municipios da provincia.

Rueda na súa intervención destacaba o traballo realizado para renovar as estruturas do partido e o traballo desenvolto para reforzar o modelo de organización dos populares para as próximas eleccións municipais previstas para o 26 de maio de 2019.

O presidente provincial do PP trasladou aos asistentes a necesidade de manter a ilusión para afrontar os novos retos que se centran en revalidar a posición maioritaria nas corporacións locais. Alfonso Rueda sinalou que este último ano centráronse en captar as distintas sensibilidades e demandas da cidadanía e agora o reto é ofrecer respostas aos problemas concretos que se lles han  plantleado. O vicepresidente @de la Xunta de Galicia apuntou que as alianzas dos "perdedores" só condenaron os concellos á parálise e a "politícas de ocorrencia", ademais de ofrecer un "populismo barato".

Sinalou que o principal obxectivo é que o PP sexa a formación política máis votada en todos os concellos que conforman a provincia para recuperar o goberno da  Deputación de Pontevedra e lograr maiorías de goberno en concellos emblemáticos.