O PP quere aprobar unha norma para potenciar o mercadillo de antigüidades

Pontevedra
24 de setembro 2019

O concelleiro popular, Pablo Fernández, defende a creación dunha mesa de traballo entre técnicos, policía, corporación municipal, a asociación Zona Monumental e comerciantes ambulantes para marcar as directrices da ordenación do evento

Pablo Fernández, concelleiro do PP Mónica Patxot

O concelleiro popular, Pablo Fernández, acaba de presentar unha moción que será sometida a debate no próximo Pleno municipal para a regulación e potenciación do mercado de antigüidades da rúa Sierra despois da falta de acordo e entendemento entre os dos grupos de goberno, PSOE e BNG.

No escrito defende a creación dunha mesa de traballo entre técnicos, policía, corporación municipal, a asociación Zona Monumental e comerciantes ambulantes para marcar as directrices da ordenación do evento.

Ademais, pide o compromiso dos grupos de goberno para aprobar nun prazo de seis meses unha ordenanza específica para "potenciar o rastro como xerador de emprego e atracción de clientes para o comercio local e dinamización da zona monumental".

Así mesmo, Fernández destaca a falta de acordo no Goberno local e cuestionará se foi o PSOE o que actuou "de maneira irresponsable" coas súas declaracións de "mercadillo ilegal" ou foi o BNG quen "coa súa inactividade" permitiu que se chegase á situación actual.