O PP quere un reparto no número de mocións proporcional á representación de cada partido

Pontevedra
03 de abril 2017

O grupo municipal del Partido Popular avanzou que "non aceptaremos ningunha proposta de modificación do regulamento do pleno se non se inclúe o criterio de proporcionalidade" á hora de presentar mocións para debater na sesión plenaria.

Moreira e Aurora Cañizares, xunto a Vicente Legísima no pleno
Moreira e Aurora Cañizares, xunto a Vicente Legísima no pleno / Mónica Patxot

O grupo municipal del Partido Popular avanzou que "non aceptaremos ningunha proposta de modificación do regulamento do pleno se non se inclúe o criterio de proporcionalidade" á hora de presentar mocións para debater na sesión plenaria.

O portavoz popular, Jacobo Moreira, considera "inadmisible" que non se respecte a proporcionalidade "tal e como se está a aplicar noutros organismos".

Os populares lembran a suxestión realizada polo secretario do pleno nun informe que se lle entregou a todos os grupos municipais o pasado mes de novembro, e no que se indica que "semella máis acorde co principio de representatividade apelar aos termos de proporcionalidade" á hora de limitar o número de iniciativas.

Así, a formación que encabeza Jacobo Moreira lamenta que o goberno local do BNG "non teña interese algún en lograr un acordo e facilitar o correcto traballo de toda a oposición" xa que, lembran, "levamos con este tema dende o inicio deste mandato sen que o goberno local trate de axilizar nada". 

"A proposta que presentaron o pasado venres significa que non queren que se chegue a ningún acordo", puntualizou o portavoz popular.

"Non partiu do noso grupo a idea de modificar o regulamento do pleno, pero entendemos que debe realizarse para facilitar o labor de todos", apuntou o edil popular quen destaca que "a nosa forma de facer política se entende a partir da procura de acordos, a partir do respecto institucional e da cordialidade entre os distintos grupos que formamos a corporación municipal", manifestou o portavoz popular quen insiste en que "seguimos tendendo a man" pero "o criterio da proporcionalidade é unha liña vermella que non estamos dispostos a saltar", sentenciou.