O PP recupera do seu programa electoral o proxecto dun novo pavillón na Seca

Poio
16 de outubro 2020

O voceiro do grupo municipal do Partido Popular de Poio, Ángel Moldes, reuniuse esta semana con representantes de clubes deportivos do municipio para recuperar "o único proxecto real e viable que existe", para un novo Pavillón de deportes "que é o que os populares levaban no seu programa electoral"

Reunión do PP de Poio con representantes de clubes deportivos do municipio
Reunión do PP de Poio con representantes de clubes deportivos do municipio

O voceiro do grupo municipal do Partido Popular de Poio, Ángel Moldes, reuniuse esta semana con representantes de clubes deportivos do municipio para recuperar "o único proxecto real e viable que existe", para un novo pavillón de deportes "que é o que os populares levaban no seu programa electoral"

Aquela promesa coa que o PP concurriu ás eleccións locais de 2019 tiña un novo pavillón, ximnasio e a tan esperada piscina municipal.

Moldes explicou que con esta xuntanza "quixemos escoitar aos principais usuarios do pavillón actualmente para realizar unha proposta consensuada" e así poñerse a traballar o antes posible para a construción dunhas instalacións "que respondan ás demandas e necesidades do deporte de Poio e que estean á altura dos nosos deportistas".

Logo de coincidir todos os presentes que A Seca é a localización máis acaída, agora Ángel Moldes di que "buscaremos adoptar todas as medidas xurídicas e urbanísticas necesarias e contar coa aportación dos técnicos; e finalmente, cun proxecto maduro, buscaremos a financiación tocando na porta de todas as administracións".

Moldes comprometeuse a seguir apoiando o deporte de Poio e a levar a iniciativa para que este proxecto se faga realidade.