O PP rexeitou todas as emendas dos socialistas aos PGE 2015 para Pontevedra

Pontevedra
13 de novembro 2014

Os deputados socialistas pola provincia de Pontevedra, Guillermo Meijón e Carmela Silva reproban "o rexeitamento absoluto do PP a todas as emendas, sen excepción, que os socialistas presentamos para a provincia"

Congreso dos deputados
Congreso dos deputados / Gobierno de España

Os deputados socialistas pola provincia de Pontevedra, Guillermo Meijón e Carmela Silva reproban "o rexeitamento absoluto do PP a todas as emendas, sen excepción, que os socialistas presentamos para a provincia".

Para os socialistas, "o 'rodillo' do PP só é superado pola súa ineficacia á hora de votar, pero non houbo sorte para Pontevedra", afirman, en clara alusión ao erro por parte do PP nunha das votacións que lle levou a aprobar un pequeno paquete de emendas da oposición, se ben entre as emendas aprobadas 'por erro' non está ningunha das dos socialistas para a provincia de Pontevedra.

Para a provincia de Pontevedra, os socialistas teñen presentadas ao redor de 100 emendas por un valor global de 72,07 millóns de euros.

Para a cidade de Pontevedra, critican especialmente que "Ana Pastor fixo desaparecer o enlace da AP-9 coa PO-531 no nó de bombeiros" e defenden que "o Parque Loxístico de Leborei é imprescindible para unha cidade que xa non conta cun só metro cadrado para chan industrial".

Ademais, o rexeitamento a dotación presupostaria para integración do Espazo Intermodal de Transporte.